send link to app

IGVS NextCal app for iPhone and iPad


4.0 ( 6880 ratings )
Finance Business
Developer: FUNDACIÓN LABORAL DE LA CONSTRUCCIÓN
Free
Current version: 1.1, last update: 1 year ago
First release : 30 Dec 2022
App size: 46.87 Mb

O simulador de cálculo IGVSNextCal, é unha ferramenta de axuda para impulsar a rehabilitación enerxética e conseguir vivendas más eficientes, más confortables térmicamente e mais respectuosas co medio ambiente. Como resultado proporcionará unha estimación das actuacións de rehabilitación necesarias para acadar as distintas axudas Next Generatión xestionadas polo IGVS, o importe destas actuacións, o importe das axudas, o investimento estimado e o custo de enerxía aforrado coas obras.

O obxecto desta ferramenta é proporcionar aos propietarios ou usuarios, unha información previa que lle axude a tomar a decisión de realizar as obras, para proceder ao encargo técnico para elaborar a documentación requirida para a presentación das solicitudes das axudas enmarcadas no plan de resiliencia para a realización das obras.

Para isto partirá dos datos existentes na aplicación Moviga, dispoñible na web do IGVS, recollidos do catastro, ano de construción, número de vivendas e a superficie estimada da envolvente exterior. Modeláronse os edificios de vivendas de Galicia en función das súas características construtivas, e tipificáronse distintos tipo de actuacións para acadar unha rehabilitación enerxética que cumpra os requisitos das axudas e das normativas técnicas en vigor.

Ademais, conta cun directorio de empresas e profesionais, de carácter informativo e voluntario, para que se poidan inscribir gratuitamente dende a ligazón correspondente.

A citada ferramenta poderá utilizarse en móbiles, tabletas ou ordenadores dende a web, pinchando a ligazón correspondente ou descargarse como unha aplicación.